HomesociedadeNais e pais do Frei Luís manifestaranse para reclamar un novo colexio...

Nais e pais do Frei Luís manifestaranse para reclamar un novo colexio público en Sarria

As comparsas do Entroido sarrián non foron alleas a esta situación e luciron carteis reivindicativos en solidariedade coa comunidade educativa.

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa do Colexio Frei Luís de Granada prepara unha manifestación para reclamar un novo colexio público en Sarria, dados os “problemas estruturais” que presenta o actual centro.

Así o explicaron tras lembrar que eses “problemas” obrigaron a que a actividade docente e académica se trasladase á Escola Fogar, onde as “aulas son pequenas”. Un dos portavoces desta plataforma, Javier Pico, avanzou que están “pendentes de convocar” esa manifestación nun prazo de quince días.

Queren “sacar as aulas ás rúas para que a xente vexa o tamaño no que teñen que dar clases” os seus fillos. “Tentaremos seguir falando cos partidos políticos con representación autonómica para que comprendan o problema e se comprometan por escrito a solucionalo cun colexio novo”, subliñou.

Fundamentalmente, o que esixen os pais é que “a Consellería de Educación dunha vez por todas ensine o proxecto que está a realizar (as obras no Frei Luís de Granada)”. “E que nos confirmen que van realizar un colexio novo”, afirmaron.

“Queremos feitos, queremos o compromiso explícito da Xunta, porque xa está ben de que nos volvan a enganar como cando tivemos que cambiar de aulas (para a Escola Fogar). Queremos un proxecto firme e que nolo dean por escrito”, sentenciou o mesmo portavoz.

COMPARSAS SOLIDARIAS CO FREI LUIS

As demandas das nais e pais do alumnado do CEIP Frei Luís de Granada xa transcenden a propia comunidade educativa. Proba diso foron as mostras de solidariedade que se presenciaron durante o Entroido, cando varias comparsas luciron carteis reivindicativos para apoiar a Plataforma. “Rebaixas. Oferta de Educación: puntais no noso cole por decoración”, rezaban os letreiros, pendurados de coches ou disfraces. “Poñer e quitar sen solucionar non nos vai parar!”.

Unha comparsa de Entroido cun cartel en apoio á comunidade educativa do Frei Luís de Granada | XdL

ÚLTIMAS

O 21 de novembro Chantada informa sobre a reciclaxe de aceite usado

Dentro da campaña Recicla con Cabeza, Faino de Corazón, o venres, día 21 de...

O PP de Monforte asegura que os presupostos do concello “son continuistas e non responden á realidade”

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que “volvemos ter diante o de sempre: un...

Julio Quiroga: “a oliveira autóctona atopámola este ano con pouca carga e coa oliva moi madura”

O mes de novembro é o mes tradicional de recollida de olivas no sur...

‘Na procura de cogomelos’, nova actividade de Segredos de Pantón

A asociación cultural "Segredos de Pantón" informa da organización dunha actividade consistente nun percorrido...