Homesociedade"El Drogas", cabeza de cartel do Trece Roeis Fest

“El Drogas”, cabeza de cartel do Trece Roeis Fest

O Trece Roeis Fest 2020 celebrarase os días 21 e 22 de agosto, tendo como un dos cabezas de cartel a Enrique Villarreal "El Drogas", que fora cantante e baixista de Barricada. A organización tamén anunciou a Zeltia Irevire, a Guezos e Rebezo.

Publicado o

- Advertisement -

O roqueiro navarro chegará a Pantón presentando o seu novo traballo composto por 3 discos. O que fora cantante e baixista do mítico grupo, Barricada, chega na súa última xira dende que comezou o pasado novembro. A estas alturas do ano, o concerto de Trece Roeis é o único concerto gratuíto que ten confirmado en toda Galicia. Ofrecerá unha actuación na que haberá sitio para os seus grandes clásicos, pero tamén para novas sonoridades e para a literatura, a actualidade, o amor e o compromiso.

Guezos é unha banda de rock-pop-folk ourensá, cuxas composicións son moi abertas a calquera estilo, valorando moito as melodías e as harmonías propias do folk e mesturándoas coa potencia do rock. A voz e a guitarra de Zeltia e o bodhran de Migui Carballido adentrarán ao público nunha viaxe onde o folk-rock e o blues se mesturan con outros momentos máis acústicos e tribais. Por último a banda de folk alternativo Rebezo, voltará de novo a Pantón cun novo disco baixo o brazo, despois de gañar a Batalla de grupos Trece Roeis 2019.

II Batalla de Grupos Trece Roeis

Este domingo, 23 de febreiro, abríase o prazo de inscricións ata o 23 de Abril para a II Batalla de Grupos Trece Roeis que se celebrará o 11 de Xullo. O grupo gañador será un dos que poidan compartir escenario cos catro grupos anunciados. Toda a información e as bases xa están dispoñibles na páxina www.treceroeisfest.com

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...