HomesociedadeFerrán Centelles, sumiller elBulli sobre Ribeira Sacra: "A sumillería internacional comeza a...

Ferrán Centelles, sumiller elBulli sobre Ribeira Sacra: “A sumillería internacional comeza a recoñecer a zona e empézalle a interesar.”

Ferrán Centelles mantivo esta mércores, 4 de marzo, un encontro con hostaleiros e adegueiros da Ribeira Sacra. Case un cento de persoas participaron desta xornada formativa sobre a industria vinícola. "Trátase de facer moi bo viño e de explicalo ben para que se conciba como un viño de valor,” sinala Centelles.

Publicado o

- Advertisement -

O acto, organizado por CaixaBank, coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra, contou coa asistencia de María Abeleda, directora comercial de CaixaBank en Galicia e de José Manuel Rodríguez, Presidente da D.O. Ribeira Sacra. A sesión enmárcase no acordo asinado entre CaixaBank e elBulliFoundation, que contempla, entre outras accións, un ciclo de xornadas formativas en diferentes D.O. españolas, para analizar e potenciar a industria vinícola.

Ferrán Centelles comezou presentando o traballo que vén desenvolvendo desde fai 2 anos elBulli co proxecto de Bullipedia. O obxectivo é facer unha gran enciclopedia do viño baseándose na restauración gastronómica; as primeiras investigacións saíron xa, en formato libro.

Explicaba Centellas que, “O consumo do viño en España pasou de ser puramente alimenticio a ser un consumo hedonista, os momentos de consumo tamén foron variando. Hoxe en día, facer unha boa comida ou unha boa cea, para gozar, é onde se consome máis viño e aí entra o restaurante e a comida. A restauración ten un papel moi importante para achegar valor, que a botella se perciba mellor ou se goce máis.”

Ferrán Centelles charla / CRDORS

Destacaba Ferrán Centellas o importante que é o sabor do viño para o consumidor, e como cada vez máis, ese consumidor busca máis cousas no viño, “As adegas teñen unha sensibilidade extrema en conseguir o mellor líquido per se. Hai que ir máis aló, coidar moito a contorna, a botella, achegarlle valor. Trátase de facer moi bo viño e de explicalo ben para que se conciba como un viño de valor.”

Para vender o viño, Centelles sinala que hai tres cousas que se poden facer: que alguén probe o teu viño, se vai á túa adega, as opcións de que compre son máis; que reciban unha recomendación de alguén e a aprendizaxe, canto máis aprendes dunha rexión ou dunha adega, canto máis aprendes do viño, o valor que lle dás á botella é maior. Todo isto aumenta o que a xente está disposta a pagar polo viño.”

En canto a como se perciben os viños da D.O. Ribeira Sacra no exterior, sinala o crecente interese nacional e internacional, “Ribeira Sacra, supoño que entendemos todos que temos, como un tesouro. A viticultura heroica, a paisaxe, a tipicidade do sabor,… É unha zona onde están a ocorrer moitas cousas, hai moito produtor que está a comezar proxectos. A sumillería internacional comeza a recoñecer a zona e empézalle a interesar.”

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...