HomesociedadeO 8 de marzo en Chantada, viño e igualdade

O 8 de marzo en Chantada, viño e igualdade

Polamiúda organiza diversas actividades en Chantada este 8 de marzo, cita que coincide coa Feira do Viño. O colectivo sinala a complexidade de organizar o 8M mantendo a presenza e visibilidade e reflectindo o carácter reivindicativo desta data, ao tempo que se respecta a festa.

Publicado o

- Advertisement -

Polamiúda acordou manter o horario dos anos anteriores e dar lectura ao seu manifesto ás 12:00 na Praza do Cantón, cambiando este ano de emprazamento para non interferir cos actos que teñen lugar na carpa da Feira do Viño.

Segundo Polamiúda, o 8M é para todas as mulleres un día de loita, pero tamén de celebración da unión e do feminismo. Materializarán a súa reivindicación cunha foliada feminista ás 13:00, tamén la Praza do Cantón, na que agardan a participarión de todxs cos seus instrumentos e as súas voces.

Ás 14:30 celebrarán, tamén, un xantar de mulleres na carpa. As interesadas poden anotarse ata o venres 6 a través das redes sociais de Polamiúda ou por WhatsApp no número “679771996”.

Polamiúda agarda a maior implicación nesta celebración, “Agardamos que todas teñamos tempo e folgos para desfrutar da festa mais tamén para vir berrar con nós que a igualdade de todas as persoas é o único substrato sobre o que sementar o mundo que queremos construír.”

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...