IniciosociedadeChantada, primeira cita coas Feiras do Viño na Ribeira Sacra

Chantada, primeira cita coas Feiras do Viño na Ribeira Sacra

A 38 edición da Feira do Viño de Chantada abría as súas portas este venres, 6 de marzo, e prolongarase ata o domindo. 14 adegas presentan o viño da colleita 2019, a máis adondosa da historia da Denominación, nesta cita que cada ano achega a Chantada a milleiros de visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

A climatoloxía parace que vai acompañar nesta 38 edición da Feira do Viño de Chantada, e en todo caso, a Feira desenvólvese baixo unha gran carpa, na súa ubicación habitual, no centro da vila. O feito de ter ampliado a Feira á xornada do venres fai que, cada ano, este primeiro día conte con máis xente; e a tendencia é que os domingos a Feira se vaia pechando antes.

A organización asegura que oferta o que demanda a xente, así que o tipo de propostas mantense. Este sábado pola tarde, de 17:00 a 19:00 celebrarase no recito feiral a V Cata Popular. Como novidade, este ano, celébrase o 1º Túnel do Viño, aberto a todos os interesados a un prezo de 10 euros. Nel poderanse catar viños da subzona de Chantada, o horario será de 11:30 a 14:00 h. e dende as 18:00 ata as 20:30 h, tanto o sábado como o domingo, no Auditorio de Chantada.

O pregoeiro desta 38 edición da ‘Feira do Viño de Chantada‘ será Ricardo González Fernández, empresario venezolano nos campos do entretemento e o deporte con raíces familiares na aldea chantadina da Lagariza (Santa María de Nogueira de Miño). A lectura do pregón serás ás 13.00 h., trala actuación da formación tradicional local, Searas.

Como en edicións anteriores, non faltará a música de rúa e as orquestras ao final de cada xornada. Esta fin de semana están representados en Chantada todos os sectores produtivos e coincidindo coa Feira celébrase a XII Feira de Oportunidades e a XI Mostra de produtos e artesanía. A carpa que acollerá estes dous eventos estará na Avenida de Monforte.

38 Feira do Viño de Chantada / Concello de Chantada

As cativas e cativos, maiores de 3 anos, terán tamén o seu espazo na Feira, na Casa da Música de Chantada. A empresa, Velaísca, farase cargo deles con actividades de entretemento, sábado e domingo de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Coincidindo o domingo da ‘Feira do Viño’ co Día da Muller, lerase na praza do Cantón, un manifesto ás 12.00 e posteriormente actuará o grupo local, de música tradicional, maioritariamente feminino, Searas.

ÚLTIMAS

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...

‘Colección Romántica’ chega ao Ateneo Casino de Monforte

Os músicos David Taboada e Sergio Alba presentan en Monforte "Colección Romántica", un espectáculo...

Club Quixós: 8 medallas e segundo posto por equipos en Salvaterra

As promesas do club de Piragüismo monfortino desprazáronse a O Cordeiro, no Concello de...