HomesociedadeSober e Quiroga levan produtos básicos aos domicilios

Sober e Quiroga levan produtos básicos aos domicilios

Publicado o

- Advertisement -

Desde hoxe luns o Concello de Sober a través do persoal de Protección Civil ofrece un servizo gratuíto para levar comida a domicilio, a compra de supermercados de Sober, medicamentos ou outras necesidades básicas imprescindibles. Esta mesma mañá fixéronse 4 servizos a Vilaescura, Sistín do Mato, Arxemil e Ferroños.

O Goberno local pon en marcha este servizo con carácter inmediato para axudar aos veciños e veciñas que o necesiten e non teñan medios de desprazamento para que poidan así permanecer nas súas casas e lograr conter o coronavirus. O servizo debe solicitarse previo contacto co Concello de Sober ou cos Servizos Sociais municipais a través dos números de teléfono 982460001 e 982460513.

O Goberno local recórdalle aos veciños e veciñas que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.

Quiroga proporcionará alimentos e medicamentos a maiores

Ante as medidas de restrición de moverse pola rúa, o Concello de Quiroga pon en marcha un servizo de axuda a domicilio para as persoas da terceira idade que non dispoñan doutra axuda. Mediante este servizo persoal municipal levaralles a persoas maiores ou con incapacidade ata o seu domicilio alimentos de primeira necesidade ou medicamentos.

As persoas que precisen deste servizo deberán de chamar ao teléfono da Policía Local 649.81.90.52 ou aos teléfonos do Grupo de Emerxencias 982.42.83.55 e  636.69.35.00. O Concello recórdalle aos veciños que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...