HomesociedadeAtendendo aos ‘náufragos’ desta crise

Atendendo aos ‘náufragos’ desta crise

A mobilización de concellos, organizacións humanitarias e asociacións está servindo para que a poboación máis vulnerable nesta crise poida estar atendida e cuberta nas súas necesidades básicas.

Publicado o

- Advertisement -

Sempre se dixo que os momentos difíciles fan saír fóra o mellor e o peor de cada un de nós, e a crise do coronavirus é unha nova oportunidade para comprobalo.

Estes días estamos asistindo a comunicados oficiais dos concellos das comarcas do sur de Lugo nos que se están organizando para ofrecer servizos de entrega a domicilio de alimentos e medicamentos a persoas que vivan ailladas e/ou que teñan limitada dalgún xeito a mobilidade. Deste xeito, ademais, evítanse posibles contaxios.

O Concello de Láncara, por exemplo, activou un servizo de “medicamentos á casa” no que despois de chamar ao Centro de Saúde e pasar dende aquí encargo ás farmacias estas informarán ao Concello que será o encargado de facer a entrega aos destinatarios/as.

Outros concellos -dos que temos constancia- como Sarria, Sober, Quiroga, Chantada ou A Pobra do Brollón tamén ofrecen o servizo de entrega domiciliaria de produtos de primeira necesidade e medicamentos, apoiándose en persoal de protección civil, servizos de emerxencias, policía local e incluso persoal do propio concello.

Paralelamente, organizacións como Cruz Vermella, tamén está ofrecendo asistencia telefónica para atender á considerada como poboación vulnerable ofrecéndolles información e preguntando polas súas necesidades. Neste segundo caso, se entre elas están as xestións de compra de alimentos e medicamentos tamén están ofrecendo axuda.

Outro exemplo, neste caso no movemento asociativo, témolo na asociación monfortina Náufragos do Paradiso que creou este pasado domingo un grupo de whatsapp de voluntarios e voluntarias para facer estas tarefas que referimos. Falamos con Adrián Casanova, un membro da mesma, e cóntanos que activaron o grupo pensando que podían ser de gran utilidade para xente de Monforte, “ao sermos xente nova e non ser factor de risco pensamos que podiamos axudar”, refire. Así naceu, pois, un grupo de acción composto por unhas 20 persoas voluntarias. Algúns dos integrantes e membros da asociación son estudantes que volveron a Monforte despois de suspenderse a actividade escolar e universitaria, e ademais de ganas teñen gran marxe de dispoñibilidade.

Adrián indícanos, respecto ao funcionamento do grupo, que a Cruz Vermella é quen recibe a chamada na que se demanda o servizo e dende aquí xa contactan co grupo de acción creado para que se derive o encargo á persoa voluntaria dispoñible. “Estes días na Cruz Vermella andan bastante saturados e ter máis xente da que tirar é importante”, dinos tamén Adrián.

Para formar parte deste “Grupo Monfortino de Voluntariado Horizontal”, como lle chaman eles, pódese contactar coa asociación Náufragos do Paradiso, co colectivo FEMforte e tamén coa Cruz Vermella de Monforte no teléfono 982 402549.

Reclamo informativo

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...