HomesociedadeAsesoramento sobre a repercusión laboral do coronavirus

Asesoramento sobre a repercusión laboral do coronavirus

A secretaría de acción sindical de CCOO Lugo informa aos traballadores que "se lles obriga a coller vacacións que non poden ser impostas polo empresario, pero si pactadas cos empregados se hai acordo".

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato asegura nun comunicado que valora positivamente as medidas do Goberno ante a crise do coronavirus. Destacan especialmente “as axudas a parados sen protección, que superan o 30% o que supón máis de 819 traballadores da zona sur, ademais de todos os ERTES (expedientes de regulación temporal de emprego) que temos solicitado á Consellería de Economía e que no sector servizos, hostalería e comercio son maioría nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada (1.200 traballadores sen contar despidos individuais).”

O sindicato informa aos traballadores que “se lles obriga a coller vacacións que non poden ser impostas polo empresario, pero si pactadas cos empregados se hai acordo”. CCOO denuncia a falta de equipos de protección individual en moitas empresas e concellos, así como a falta de alcohol sanitario en moitos centros de traballo, especialmente no sector da limpeza viaria e nalgúns centros de maiores.

O sindicato pon a disposición de traballadores e delegados un teléfono de consulta para dúbidas sobre vacacións, ertes, equipos de protección, despidos,…

En Lugo: 982 23 19 75    982 22 11 81   649 80 95 41

En Monforte: 690 24 56 06

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...