HomesociedadeFacía falta que viñese o Exército a Monforte?

Facía falta que viñese o Exército a Monforte?

A unidade do Exército de Terra Brilat estase deixando ver en diferentes puntos da capital da Ribeira Sacra, unha das cidades escollidas de Galicia para un despregamento de control e coordinación da seguridade coas forzas e corpos de seguridade locais.

Publicado o

- Advertisement -

Tal como estaba anunciado, o Exército chegou a Monforte, e dende a mañá xa vixilan diferentes puntos da cidade con chaleques fluorescentes por enriba dos seus uniformes militares. Estanse deixando ver por diferentes puntos da cidade como o centro, a zona da Compañía, onde o Gadis, no paso a nivel de Roberto Baamonde, no barrio da Estación, nas rotondas da Ronda de María Casas Baamonde e onde o Hospital Comarcal.

Control no paso a nivel da Rúa Roberto Baamonde coa Rúa Calvo Sotelo. Foto recibida

Chaman a atención e impoñen respecto, dada a situación insólita, e nalgúns casos ata provocan a retranca, como un comentario que correu por grupos de whatsapp “que vaian ás viñas que fan máis servizo”. Nalgún caso paran algúns vehículos como rutina de control.

Control na rotonda do Parque dos Condes. Foto enviada

Moitas e moitos monfortinos pregúntanse se para unha poboación que non chega a 19.000 habitantes fai falta este desgregue habendo xa cuarteis de Policía Nacional e de Garda Civil e non tendo, polo momento, unha situación crítica ou difícil de cumprimento do confinamento.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...