HomesociedadeAsí son as máscaras anti coronavirus dun particular 3D de Sober

Así son as máscaras anti coronavirus dun particular 3D de Sober

Cando a xente aporta, colabora, implícase ante a ameaza.

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Telleiros, Héctor Suárez, vén de ofrecerlle ao Concello de Sober a doazón de 20 máscaras de protección que o Goberno local destinará ás auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e ao persoal de Protección Civil que estes días fai o reparto de produtos básicos a veciños e veciñas. Héctor dispón de dúas impresoras en 3D que normalmente emprega para fabricar pezas para drons e que agora, unha vez decretada a alerta sanitaria e a situación de emerxencia, decidiu destinar a fabricar máscaras de protección autorizadas por Sanidade para protexerse do coronavirus.Héctor Suárez explica que as dúas primeiras pezas serán para os seus familiares que traballan na rama sanitaria e as 20 seguintes para o Concello de Sober.

Tras esta primeira remesa pensa seguir imprimindo máis máscaras para os hospitais ou sanitarios que as precisen.“É un novo xesto que, ao igual que o da empresa Pulviplass Ibérica cedendo as sulfatadoras, demostra o solidarios que somos en Sober e que todo o mundo está a arrimar o ombreiro”, precisa o rexedor, Luis Fernández Guitián. E como estes casos hai moitos, particulares, empresas, autónomos,… Hai solidariedade e colaboración. Hai responsabilidade.

Unha das cousas boas da aparición do COVID19 é o papel que cada un de nós xoga individualmente para o control da epidemia. A responsabilidade de cada un de nós, repercute a nivel global, e por suposto, cercano. Todos coincidimos na transcendencia que ten o que estamos vivindo. E nestes momentos a xente aporta, colabora, implícase, como vén de facer tamén o IES A Pinguela de Monforte coas súas máscaras de protección 3D.

Máscaras IES A Pinguela / F.O. Madriñán

 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...