HomesociedadeBóveda reparte mascarillas para quen traballa para o público

Bóveda reparte mascarillas para quen traballa para o público

O reparto inclúe farmacias, establecementos de alimentación, estancos, panaderías, taxistas,..

Publicado o

O Concello de Bóveda está a levar a cabo o reparto de mascarillas protectoras en todos os locais que traballan de cara ao público. Repártense preto de 60 en todo o termo municipal.
O reparto inclúe farmacias, establecementos de alimentación, estancos, panaderías, taxistas e todos aqueles negocios que siguen abertos ao público aos que se lles dá unha mascarilla por cada traballador.
A dotación tamén foi entregada ao persoal municipal, servizos sociais e outros traballadores dependentes do Concello cando se decretou o estado de alerta sanitaria.
O Goberno local segue adiante tamén cos traballos de limpeza e desinfección das rúas, medidas encamiñadas todas elas a frear o coronavirus.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...