HomesociedadeGalicia achégase aos 200 positivos por coronavirus en residencias de maiores

Galicia achégase aos 200 positivos por coronavirus en residencias de maiores

Os contaxios en residencias de maiores aumentaron un 29,53% neste venres, 27 de marzo, polo que actualmente rexístranse un total de 193 afectados: 148 usuarios e 45 empregados.

Publicado o

- Advertisement -

Nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade os casos confirmados por Política Social mantéñense cun total de sete afectados en Aspronga (1), Redondela (4), Aixiña (1) e Santa Cruz de Rosendo (1).

Ao mesmo tempo, a cifra de traballadores que padecen o virus mantense en seis: catro de Redondela, un da Vivenda Tutelada Agora, de Monforte de Lemos e outro na de Santiago.   A asociación Agora informaba esta pasada tarde, que mantén as portas do centro de Monforte pechadas, pero mantén a atención directa ás persoas usuarias do servizo. Sinalan que continuamente establecen contacto telefónico tanto coas persoas usuarias do centro como coas súas familias, para coñecer a situación de peche nas vivendas particulares.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...