Homesociedade“Temo máis á apertura que ao peche” Emilio Rodríguez, hostaleiro

“Temo máis á apertura que ao peche” Emilio Rodríguez, hostaleiro

Perdeu o ano a hostalería que se centra no turismo e nas vodas?

Publicado o

- Advertisement -

A chegada do coronavirus e o confinamento social como medida de contención dentro do estado de alarma teñen paralizada a actividade turística e hostaleira. Na Ribeira Sacra, moita da hostalería foi pechando ao longo do venres 13 de marzo, antes de que esa noite o Presidente da Xunta anunciase a obrigatoriedade de peche para a hostalería.

O restaurante O Grelo de Monforte anunciábao nas súas redes, esa xornada ás 12.00 da mañá; pechados desde ese momento ata novo aviso para cumprir coas tarefas de contención do COVID19. “Pechamos antes de que se anunciase ningún peche,” afirma Emilio. O restaurante fixo un erte e agora toca esperar.

Emilio Rodríguez no medio, con parte do seu equipo / O Grelo

Neste momento de parálise pouco poden facer desde a hostalería máis que esperar a que se lles permita volver abrir os seus negocios. No caso de que volvan abrir, porque haberá establecementos que non poidan manterse depois deste peche temporal. No seu negocio, Emilio Rodríguez asegura que teme máis á apertura que ao peche temporal, “O peche podémolo asumir, o problema é despois porque van pasar uns meses ata que a xente volva coller confianza. E ata que se volvan a facer reunións, congresos,… aínda vai pasar máis tempo, este ano nada.”

“Ninguén sabemos que vai pasar, pero este ano imos ter moitas complicacións”

Na hostalería poder beneficiarse do turismo sempre foi un aliciente, pero con esta crise o turismo reducirase e o que antes era un beneficio, agora pode ensinar outra cara, “Isto tardará en recuperarse e quizais no noso caso un pouco máis. O noso cliente é nun 80% xente de fóra e vaise a notar moito máis. Nunha cidade grande a xente é da mesma cidade pero nós vivimos sobre todo con xente de paso, de vacacións e de turismo. Ninguén sabemos que vai pasar, pero este ano imos ter moitas complicacións”, sinala Emilio Rodríguez.

Restaurante O Grelo / O Grelo

Se á hostalería inflúelle a súa vinculación co turismo, inflúelle tamén o facer celebracións e vodas. As concentracións de xente resúltanlle “atractivas” ao Covid19, así que moitas cerimonias empezáronse a cancelar aos poucos días de decretar o estado de alarma, como comenta Emilio Rodríguez, “As vodas están a cancelarse. Nós empezabamos con vodas en xuño e as primeiras están canceladas e aínda que non se cancelen, a afluencia de invitados vai baixar ao 50%.” Isto supón un novo desaxuste para os restaurantes ao ter presentado un prezo por menú para uns invitados que agora non van ser, “E agora que fas? Tampouco é o momento de repecutirlle á xente. Estamos a pasar o que estamos a pasar tampouco é cuestión de dicirlle agora que lle vas a cobrar máis o menú porque os invitados son menos.”

Restaurante O Grelo / O Grelo

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...