HomesociedadeMascarillas e pantallas atruistas para o concello do Saviñao

Mascarillas e pantallas atruistas para o concello do Saviñao

Confecciones Elper e o director do colexio de Escairón doan ao Concello mascarillas e pantallas protectoras para combater o coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Confecciones Elper e o director do colexio de Escairón, Pablo Blanco Quiroga, doan, respectivamente, ao Concello mascarillas e pantallas protectoras para combater o coronavirus. O alcalde do municipio, Carlos Armesto, agradece publicamente esta solidariedade altruista, “demostrándose a profunda xenerosidade dos nosos veciños”.

Ante a gravidade da situación que atravesa todo o país, o pasado venres pasado, e sabendo que o centro educativo conta con impresoras 3D, Armesto púxose se en contacto co directivo do centro para contemplar a posiblidade de fabricar as pantallas protectoras. Pablo Blanco aceptou xenerosamente a proposta do rexedor e este luns xa lle fixo á entidade local a primeira entrega destes sistemas de protección. As pantallas xa foron repartidas aos profesionais do centro médico e da residencia pública do Saviñao. Entregaranse máis pantallar aos traballadores de axuda a domicilio.

Confecciones Elper, empresa afincada en Escairón, puxo a disposición do Concello  un total de 100 mascarillas “e segue a traballar para poder asistir a toda a xente que as precise”, tal e como explica o máximo mandatario municipal. Estes elementos de protección súmanse aos que xa foron concedidos pola Xunta de Galicia a semana pasada -1.000 luvas e 114 mascarillas- e que foron distribuídos, principalmente, ás empregadas do servizo de Axuda a Domicilio.

Medidas medioambientais e sociais

No marco das medidas emprendidas polo Concello, dende o punto de vista medioambiental, Armesto tamén quere por en valor a colaboración da Cooperativa Lemos. Grazas á cesión dunha máquina desinfección por parte desta entidade, a administración local desinfectou todas as rúas do municipio, os edificios públicos, así como as fachadas dos establecementos que teñen que permanecer abertos. Neste senso, pide aos veciños deixen as tapas dos colectores de lixo abertas, co fin de que estes non se convirtan nun foco de contaxio por coronavirus. Estes tamén son desinfectados en cada recollida.

En materia social, lembrar que a entidade local continúa co reparto de alimentos e medicinas aos domicilios de todas as persoas que así o están a solicitar, chamando ao número 982.452.061 ou a través dos Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...