HomesociedadeO COVID-19 chega tamén ao Courel

O COVID-19 chega tamén ao Courel

O Concello de Folgoso comunicaba o luns 30 o primeiro contaxiado e este martes 31 informaba de dous casos máis.

Publicado o

- Advertisement -

Todo semellaba tranquilo nas Terras do Courel e en dous días, rematando este fatídico mes de marzo, o Concello de Folgoso informaba nun comunicado público da existencia de tres positivos por coronavirus. O primeiro detectouse o luns 30 e este martes 31 apareceron dous casos máis.

Os contaxiados, segundo información oficial do concello, están nas súas casas gardando confinamento e seguindo o protocolo establecido polas autoridades sanitarias.

O equipo de goberno municipal aproveita o comunicado para trasladar ánimo e unha rápida recuperación ás persoas diagnosticadas, ao tempo que insiste na necesidade de cumprir as normas e extremar as precaucións por parte de toda a veciñanza. Así mesmo, lembra que para atender dúbidas ou aspectos asistenciais relacionados co coronavirus pódese chamar ao 900 400 116 e para necesidades de abastecemento de medicamentos e alimentación contactando a través do 982 43 30 01.

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...