Homesociedade50 buzos de protección do concello de Monforte para o Hospital Comarcal

50 buzos de protección do concello de Monforte para o Hospital Comarcal

O concello de Monforte entrega á Dirección do Hospital Comarcal 50 buzos de protección, destinados ó uso dos sanitarios que tratan ós enfermos actualmente ingresados por COVID-19; e prepara a entrega de EPIs para a empresa que dá servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte entrega á Dirección do Hospital Comarcal 50 buzos de protección, destinados ó uso dos sanitarios que tratan ós enfermos actualmente ingresados por COVID-19.

O obxectivo dende o Concello, ó igual que coa entrega a pasada fin de semana de material de protección no Asilo de Anciáns “Fogar de San José” de Monforte, é, en verbas do Alcalde, “contribuír a garantir a seguridade ante esta pandemia do persoal sanitario e de servizos da cidade, que en moitos casos non conta cun abastecemento regular de dito material de protección ou non dispón dos recursos necesarios para conseguilo”.

Na mesma liña, o Equipo de Goberno do Concello está a traballar xa na preparación de EPI’s para entregar ós responsables da empresa FEPAS, encargada de prestar o servizo do Concello de axuda a domicilio para persoas dependentes.

Esta iniciativa púxose en marcha dende o Concello de Monforte, logo de coñecer que as empregadas de dita empresa carecían de elementos de protección individual suficientes ante o coronavirus, equipos necesarios para desempeñar a súa labor axeitadamente, e tendo en conta ademais que traballan con persoas de alto risco á hora de poder contraer e padecer esta enfermidade.

José Tomé Roca, insistiu en que “o Equipo de Goberno deste Concello traballa día a día para seguir detectando as necesidades dos diferentes colectivos da cidade que están a desenvolver a súa actividade en contacto co COVID-19”.

“Dende o Concello de Monforte”, concluíu o Alcalde, “poñémonos a disposición do resto de Administracións para traballar conxuntamente co obxectivo de superar esta crise sanitaria.”

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...