Homesociedade16 positivos por COVID19 no CAPD de Sarria

16 positivos por COVID19 no CAPD de Sarria

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) no municipio de Sarria rexistrou 16 casos positivos por coronavirus COVID-19; segundo información da Consellería de Política Social. A maioría das persoas infectadas, 9, son traballadores; e 7 usarios.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, confirmou a Europa Press que “todas as persoas atópanse asintomáticas polo momento”. O rexedor afirma que “desde a Xunta de Galicia, titular do centro, xa se están tomando as medidas oportunas para controlar o brote”.

Os traballadores do centro esixen, tras coñecerse estes casos positivos, a realización dun maior número de probas de coronavirus para coñecer o alcance da infección. Garrido afirmou que na xornada deste martes “producíronse labores de desinfección no CAPD”, pero indicou que descoñece como está a situación no interior do centro.

No resto de centros de atención a persoas con discapacidade no sur da provincia, mantense o caso detectado na Vivenda Tutelada Agora en Monforte. En Galicia, nestes centros, hai diagnosticados de COVID19, 37 usuarios e 31 traballadores.

Nas residencias de anciáns, o número de casos detectados a nivel galego é de 393 usarios afectados e 128 traballadores. Na zona sur cóntase con 4 casos activos na DomusVi Monforte (dous traballadores e dous usuarios), 2 casos na de Chantada (1 usuario e 1 traballador). Na contorna contaríase tamén coa residencia de Castro Cadelas na que hai 9 persoas persoas con COVID19 -6 internos e 3 traballadores- e 2 xa faleceron.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...