HomesociedadeA provincia non rexistra grandes repuntes no número de positivos, que se...

A provincia non rexistra grandes repuntes no número de positivos, que se sitúa en 558

A área sanitaria de Lugo sumou 25 contaxios máis respecto da xornada de onte. En Galicia, os diagnósticos achéganse aos 5.000, con 531 altas e 168 falecementos.

Publicado o

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo ascende a 558, o que supón 25 positivos máis ca os rexistrados onte. Desta maneira, a provincia continúa sen grandes repuntes de diagnósticos, segundo os datos do Sergas.

Do total de doentes, trece permanecen na UCI, 87 están en hospitalización (once en Monforte), e o resto atópanse no seu domicilio. O número destes últimos segue aumentando, pero a menor ritmo que en xornadas anteriores.

A Consellería de Sanidade tamén informa do total de casos para o conxunto de Galicia: 4.926 positivos, con 531 altas e 168 falecementos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...