HomesociedadeMáscaras para todas e todos en Sober

Máscaras para todas e todos en Sober

O concello pon, desde este martes 7 de abril, a disposición de todos os veciños e veciñas este material protector.

Publicado o

- Advertisement -

As persoas interesadas en posuír máscaras poderán retiralas nas farmacias da localidade ou contactando con Protección Civil de Sober no seguinte número de teléfono: 650 20 34 40 (en funcionamento as 24 horas).

O Concello de Sober está en disposición de comezar a entrega grazas á xunta directiva do Coto de Caza local que, xunto coa Asociación de Viticultores e de varias bodegas da localidade, conseguiron reunir máis de 2.000.

Desde o Concello porán, en primeiro lugar, a cantidade necesaria a disposición dos Servizos Sociais municipais, Protección Civil, Residencia da terceira idade e persoal do Centro de saúde e as restantes estarán a disposición de todas as veciñas e veciños, que poderán conseguilas de forma gratuíta e cunha demanda responsable, segundo se indica no comezo desta nova.

Deste xeito, estas máscaras de protección, xunto coas recibidas dende a Xunta, fan posible que todos os veciños e veciñas de Sober poidan dispoñer do seu EPI (Equipo de Protección Individual) fronte ao coronavirus.

Establecementos públicos e residencia

Tamén se entregarán máscaras recibidas da Xunta, e pantallas protectoras elaboradas por Héctor Suárez e unha profesora do CEIP Virxe do Carme a todos os dependentes de locais abertos ao público en Sober. Ademais das entregas anteriores repartirase un novo lote de material chegado da Xunta para a residencia de maiores.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...