HomesociedadeBuscando o cartel anunciador do Folión de Carros 2020

Buscando o cartel anunciador do Folión de Carros 2020

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión abre a convocatoria do concurso para o cartel anunciador do Folión de Carros 2020 ás persoas interesadas en participar. A persoa gañadora recibirá un Vale por valor de 200€ para ser gastados en calquera negocio asociado á Asociación de Empresarios de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión anulaba coa alarma sanitaria, a convocatoria inicial do Concurso para o Cartel Anunciador do Folión 2020, feita no pasado mes de febreiro para o alumnado dos institutos de ensino secundarios do Concello de Chantada.

Agora faise unha nova convocatoria aberta a calquera persoa interesada en participar e contarase coa colaboración da Asociación de Empresarios de Chantada, polo que o premio para o cartel gañador será canxeable en negocios do concello de Chantada. Amigos do Folión asegura que o sector comercial, hostaleiro e empresarial estivo sempre moi vinculado coa existencia e funcionamento do Folión de Carros.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir os valores fundamentais do Folión a través dos seus símbolos principais: CARRO TRADICIONAL, XUGADA DE VACAS/BOIS, CARROCEIROS/AS E REPRESENTACIÓNS DE ANTIGO SOBRE A COMARCA DE CHANTADA.

O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 (42×29 ́7 cms.) e entregarase en formato papel ou dixital, debendo incluir obrigatoriamente a frase “Folión de Carros 2020” e a data de celebración “22 de agosto”.

O prazo de presentación dos traballos remata o 29 de  maio. A persoa gañadora recibirá un Vale por valor de 200€ para ser gastados en calquera negocio asociado á Asociación de Empresarios de Chantada, e o seu cartel será o anunciador do Folión de Carros 2020.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...