HomesociedadeNovos imcumprimentos no sur da provincia ao control da mobilidade

Novos imcumprimentos no sur da provincia ao control da mobilidade

A Garda Civil continúa cos dispositivos operativos planificados nas vías públicas da provincia, co obxectivo de garantir a seguridade cidadá e o cumprimento das limitacións á circulación das persoas no vixente estado de alarma decretado con motivo do COVID-19. Neste operativos continúanse detectando infraccións penais relacionadas con normativa de seguridade viaria.

Publicado o

- Advertisement -

Estes dispositivos non se establecen unicamente en puntos fixos, senón que tamén se realizan de forma dinámica, buscando unha maior eficiencia mediante este tipo de verificacións móbiles. Nun destes dispositivos realizado na estrada LU- P-5602, que discorre polos municipios lucenses de Sarria e Samos, sobre as 18:30 horas do pasado día 11, detectouse a presenza dun mozo de 29 anos, que conducía un turismo mentres mantiña unha conversación empregando un teléfono móbil e sen facer uso do cinto de seguridade. Unha vez detido o vehículo, tense coñecemento da carencia de seguro obrigatorio e que o condutor non posúe permiso para a condución deste tipo de vehículos, xa que unicamente posúe licenza de ciclomotor. Polos feitos descritos confeccionáronse os preceptivos boletíns de denuncia para a súa posterior remisión á Xefatura Provincial de Tráfico. Respecto ao motivo do seu desprazamento os axentes comprobaron a veracidade do manifestado polo denunciado, quen alegou que ía coidar a unhas cabras da súa propiedade.

Na tarde do día 12, sobre as 19:00 horas, e no termo municipal de Carballedo, unha muller de 49 anos é investigada tras ser sorprendida conducindo un turismo carecendo de permiso de conducir ao constarlle unha perda de vixencia do mesmo, non realizando o preceptivo curso de recuperación do seu crédito de puntos. Por tal motivo instrúense dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Instrución Único de Chantada, pola comisión dun suposto delito contra a seguridade viaria. Paralelamente, e ao non xustificar a necesidade da viaxe que estaba a realizar é proposta para sanción ante a autoridade administrativa competente.

A Garda Civil lembra que a tanto a condución dun vehículo de motor carecendo de permiso ou licenza ou baixo a influencia de bebidas alcohólicas, poden constituír delitos penais que poden carrexar penas de prisión de ata seis meses de duración. Do mesmo xeito lembra a obrigación de todos os cidadáns de restrinxir os seus movementos a aqueles autorizados en estado de alarma decretado o pasado día 14 de marzo.

 

 

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...