HomesociedadeRefórzanse os SAFs da Pobra do Brollón, Ribas de Sil, O Saviñao...

Refórzanse os SAFs da Pobra do Brollón, Ribas de Sil, O Saviñao e Monforte

A Xunta de Galicia incrementa nun 64,7% o SAF nos concellos de Ribas de Sil e de A Pobra do Brollón mentras dure o estado de alarma. O día 15 a Xunta de Galicia reforzaba o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Monforte con 4.191 horas máis ao mes para a atención das persoas con necesidades asistenciais.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia incrementa nun 64,7% o SAF nos concellos de Ribas de Sil e de A Pobra do Brollón mentras dure o estado de alarma. Este reforzo supón que atención a dependentes, no primeiro caso, é de 527 horas e, no segundo de 833; o que fai un total de 814 e de 1.287 e cada un dos Concellos citados. No Saviñao o alcalde anunciaba este venres, 17 de abril, que terían 3.534 horas máis de SAF no concello.

A decisión do Goberno galego inclúese non Plan social de continxencia impulsado polo Executivo de Feijóo para paliar os efectos do Covid-19. O obxectivo deste incremento extraordinario é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que:

  • non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar
  • eran usuarias dun centro de día pechado
  • estaban tramitando o seu SAF pero aínda non o recibiron.

Para o criterio de reparto empregaron: horas dispoñibles, existencia dun centro de día pechado, número de usuarios actuais e unha cantidade mínima por Concello.

O día 15 a Xunta de Galicia reforzaba o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Monforte con 4.191 horas máis ao mes para a atención das persoas con necesidades asistenciais. As novas horas de axuda no fogar poranse á disposición de todos os concellos galegos para os casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais. A Xunta asume o importe íntegro desta nova prestación, que non suporá gasto para o usuario, destinando para elo un investimento de 6 millóns de euros ao mes no conxunto da comunidade.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...