HomesociedadeSober coloca 200 trampas contra a velutina

Sober coloca 200 trampas contra a velutina

As trampas e o atraente entréganse de forma gratuíta aos apicultores, ademais de colocarse en lugares estratéxicos das 22 parroquias de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober retoma a loita contra a velutina ou avespa asiática colocando trampas e atraente. A intención do Goberno local é frear a expansión deste insecto que está causando graves danos, sobre todo na apicultura.

Este luns, 20 de abril, colocáronse 50 trampas en árbores froiteiras en diversos puntos do Concello e van colocarse 150 máis.

Coa distribución das trampas polas distintas parroquias preténdese evitar que as raíñas, despois dun período de hibernación, poida comezar a elaborar niños. Estímase que con cada niño primario que se evite tamén se freará a expansión das entre 5.000 e 7.000 avespas que ten cada un deles. As raíñas están espertando, polo que convén actuar cantos antes para que a velutina non se siga expandindo. Se alguén atopa un niño de velutina deberá chamar ao 112 para que procedan á súa retirada.

Velutina Trampas / concello de Sober

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...