HomesociedadeUn falecido e un hospitalizado no Hospital de Monforte en menos de...

Un falecido e un hospitalizado no Hospital de Monforte en menos de 24 horas

Este martes a última hora da tarde ingresaba no Hospital Comarcal de Monforte un varón de 91 anos con Covid19. Falecería horas despois.

Publicado o

- Advertisement -

O Hospital Comarcal de Monforte desde o mércores, 15 de abril, non tiña ningún paciente hospitalizado por Covid19. Xa entón se avisaba da provisionalidade da situación porque había varios casos activos en confinamento na casa e podían aparecer novos infectados. Isto aconteceu nas últimas horas. Este luns a última hora da tarde ingresaba un varón de 91 anos que horas despois falecía, sen tempo para rexistrar nos casos que remite Sanidade.

E este martes ao mediodía ingresaba no Hospital Comarcal de Monforte unha muller con Covid19 positivo. Recollíamolo no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...