HomesociedadeNovo positivo de Covid19 no Hospital de Monforte despois de 6 días...

Novo positivo de Covid19 no Hospital de Monforte despois de 6 días sen hospitalizados

Publicado o

- Advertisement -

A provincia conta con 610 casos activos de coronavirus, 5 máis ca onte. Deses casos, 8 están na UCI, 2 na Mariña e o resto no HULA e 28 en hospitalización, 4 menos ca onte. 4  dos hospitalizados están no Hospital Público da Mariña, 12 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

Hospital Comarcal de Monforte / XdL

O Hospital Comarcal de Monforte seguía sen hospitalizados por Covid19 e de seguir así mañá, 22 de abril, faría unha semana sen pacientes por coronavirus, pero este martes acaba de confirmarse o ingreso e posterior falecemento dun varón que ingresaba a última hora de onte.

11 persoas máis están na casa como casos activos de Covid19 e suman 575 en toda a provincia. A día de hoxe o Covid deixou na provincia 24 falecementos e 118 altas.

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia aumentou en 120 desde este luns ata situarse nos 6.416; e xa son 464 falecidos.

As residencias de anciáns en Galicia contan con 860 usuarios e 327 traballadores infectados, a situación mantense estable en canto ao número de casos activos nas residencias do sur de Lugo. O mesmo acontece cos centros para persoas con discapacidade, mantéñense estables no sur de Lugo e en Galicia suman 117 usuarios e 79 traballadores como casos activos de Covid19.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...