HomesociedadeO Covid19 chegou a Galicia en febreiro?

O Covid19 chegou a Galicia en febreiro?

Análises xenéticas do coronavirus recollidas na plataforma internacional NextStrain indican que hai xens de Galicia no inicio da pandemia en España, concretamente, nun dos tres focos de penetración detectados. O coronavirus pode estar presente no Estado xa desde xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

Aquel home ingresado o 3 de marzo do 2020 no Chuac era o paciente 0 de Galicia? Grazas aos numerosos estudos que se están realizando nas ultimas semanas podemos saber que a COVID-19 estaba xa en Galicia antes dese suposto paciente 0, e tamén antes de marzo.

Así o recolle, cando menos a información proporcionada por NextStrain, un proxecto de código aberto con información pública de hospitais e laboratorios de todo o mundo.  A plataforma, na que participa unha vintena de científicos, rastrexou as distintas mutacións do virus e creou unha árbore filoxénica en tempo real para determinar como se está propagando

Seguindo a secuenciado xenética da COVID-19, NextStrain, con datas que se remontan ás dúas últimas semanas de febreiro, debuxa un escenario de introdución do virus no conxunto do Estado en tres mutacións, dúas que viñan de China e Reino Unido a través de Valencia, cunha ramificación en Burgos, e outra que ten procedencia italiana pero que saltou desde Valencia a Madrid e Galicia. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...