HomesociedadeA UME desinfecta centros de Sarria, Bóveda e Sober

A UME desinfecta centros de Sarria, Bóveda e Sober

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a BRILAT realizaron labores de desinfección en diversas intalacións situadas nos municipios de Lugo, Baralla, Sarria, Bóveda, Sober e Outeiro de Rei.

Publicado o

- Advertisement -

Traballaron en centros especialmente críticos situados nestes municipios como son residencias de ancianos, centros de persoas con discapacidade e o centro penitenciario de Bonxe.

A subdelegada do Goberno destacou que se trata dun traballo que está a levar a cabo o Ministerio de Defensa na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis, para protexer aos colectivos máis vulnerables da propagación do COVID-19.

UME Bóveda / Subdelegación do Goberno

A UME estivo este martes nas residencias San Vicente de Paúl, en Lugo; San Vitorio, en Baralla; Domus Vi, en Bóveda; a residencia de ancianos Nosa Señora do Carme e o Centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria e a residencia Nosa Señora do Carme, en Sober.

A BRILAT, pola súa parte, enviou hoxe a Outeiro de Rei un dos seus equipos de descontaminación para realizar as tareas de desinfección no centro penitenciario de Bonxe.

É a terceira xornada consecutiva na que estas unidades do Ministerio de Defensa actúan neste tipo de instalacións na provincia de Lugo. Desde o domingo, a Unidade Militar de Emerxencias e a BRILAT fixeron tareas de desinfección nos concellos de Foz, Ribadeo, Viveiro, Mondoñedo, Castro de Rei e Chantada, centradas tamén en residencias de maiores de centros de persoas con discapacidade.

UME Sarria / Subdelegación do Goberno

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...