Homesociedade2 traballadores curados na Domusvi de Bóveda e sen hospitalizados en Monforte

2 traballadores curados na Domusvi de Bóveda e sen hospitalizados en Monforte

A residencia Domusvi de Bóveda que contaba con 17 usuarios infectados en 11 traballadores, recupera a dous traballadores que deron negativo en Covid19.

Publicado o

- Advertisement -

A residencia Domusvi de Bóveda que contaba con 17 usuarios infectados en 11 traballadores, recupera a dous traballadores que deron negativo en Covid19. O resto de datos da zona sur nas residencias da terceira idade e centros para persoas con discapacidade mantéñense estables.

A provincia conta con 647 casos activos de coronavirus, 21 máis ca onte. Leva dándose nos últimos días unha lixeira tendencia á alza nos novos casos diarios, si é certo que non afectan aos datos hospitalarios e os novos casos fan confinamento en domicilio, en total son 615 persoas as que están na casa, 21 máis ca onte.

8 pacientes están na UCI, 1 máis ca onte; 2 na Mariña e 6 no HULA. Cóntase con 24 persoas en hospitalización, 2 menoa ca onte. O Hospital Comarcal de Monforte segue sen novos ingresos por Covid19. Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 128 altas por coronavirus.

Entre tanto, o Sindicato de Enfermaría (Satse) en Galicia critica que por parte da Xunta non se reforce o persoal de enfermaría en residencias de maiores ante a “sobrecarga laboral” derivada da crise polo coronavirus COVID-19.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...