HomesociedadeConcerto para a corentena de Xoán Curiel

Concerto para a corentena de Xoán Curiel

O ciclo de concertos #CosPésNaCasa organizado polo Concello da Pobra do Brollón, continúa este sábado ás 21.00 co artista da Fonsagrada, Xoán Curiel.

Publicado o

- Advertisement -

Xoán Curiel interpretará dende a súa casa temas xurdidos das súas viaxes e xiras realizados nos últimos anos por Arxentina, Portugal e Italia. Tamén tocará cancións do seu último disco ‘Canta miña pedra, canta’, que homenaxea a Antonio Fraguas.

O evento #CosPésNaCasa fai referencia ao ciclo de concertos na Pobra do Brollón do verán pasado, ‘Cos Pés na Terraza’. Trátase dunha iniciativa do Concello para seguir programando cultura na corentena derivada da crise do coronavirus. O concerto de Xoán Curiel será o cuarto do ciclo, tralas actuacións de Ale González, Benxamín Otero e Laura LaMontagne.

Previo ao concerto, publicábase nas redes sociais do Concello un vídeo dunha entrevista a distancia con Curiel, un contido de Guimaralia Te Ve, unha sección de contidos audiovisuais elaborados e publicados diariamente en colaboración cos veciños da Pobra do Brollón, e que xa leva máis dun mes de emisión.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...