HomesociedadeO CAPD de Sarria queda libre de coronavirus

O CAPD de Sarria queda libre de coronavirus

A curación do último traballador contaxiado de coronavirus no Centro de Atención á Discapacidade (CAPD) de Sarria deixa a esta institución sen ningún caso de COVID-19, despois de rexistrar case 30 infectados.

Publicado o

- Advertisement -

O CAPD de Sarria quédase sen Covid19 despois de que chegase a rexistrar oito casos entre os usuarios e case unha vintena entre o persoal. No resto de centros e residencias da zona sur, os casos activos mantéñense estables e o Hospital Comarcal de Monforte achégase a unha semana sen hospitalizados por coronavirus.

En Galicia son 92 as persoas con discapacidade e 52 os empregados destes centros que continúan infectados da COVID-19, cifras que mostran que non se produciu ningún aumento desde o balance do domingo. Como principais focos entre os usuarios, continúan o CAPD de Redondela, con 36 casos; o CAPD da Coruña, con 26; e a DomusVi de Bóveda, con 13. Entre o persoal, o centro de Redondela aínda contabiliza 13 positivos de coronavirus e séguenlle o CAPD da Coruña (7) e a DomusVi Bóveda (9).

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia ascendeu en 35 infectados con respecto ao domingo ata o 6.891, o que supón un incremento dun 0,5%, e as altas aumentaron en 13 ata situarse nas 1.816.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...