HomesociedadeBalizas de separación para mellorar a seguridade viaria entre Sarria e Monforte

Balizas de separación para mellorar a seguridade viaria entre Sarria e Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar unha nova medida de mellora da seguridade viaria na vía de alta capacidade entre Sarria e Monforte que inclúe a instalación de balizas de separación entre sentidos de circulación.

Publicado o

- Advertisement -

Esta actuación, cun investimento autonómico de preto de 120.000 euros, está a ser executada polo servizo de conservación de estradas da Xunta en Lugo e o obxectivo e tela rematada este mesmo mes de maio.

A intervención céntrase nos treitos onde existe liña continua en ambos os sentidos, onde xa non está permitido o adiantamento, polo que non se reducen as posibilidades de adiantamento actuais. Os traballos esténdese ao longo de case 18 quilómetros, nos que se pinta o eixe da vía con dobre liña branca e con resaltos e liña intermedia de cor verde e se instalarán 390 captafaros e 641 balizas.

Esta medida adóptase sobre un treito de vía que ten uns índices de perigosidade menores que os do conxunto da rede autonómica de estradas na provincia de Lugo e en toda Galicia. O número de accidentes con vítimas neste treito é reducido, pero o feito de que cando se producen teñan consecuencias graves levou a tomar a decisión de levar a cabo esta mellora e reforzo da seguridade.

Neste momento, estanse a executar os traballos de duplicación de liña continua no eixo da estrada con pintura de cor verde entre dúas marcas viais brancas continuas de 15 centímetros de ancho. Isto reduce lixeiramente o ancho dos carrís de circulación, o cal modera a velocidade e, xunto coas balizas, axuda a percibir mellor a separación entre sentidos de circulación.

As tarefas continuarán coa disposición de balizas verticais no eixo da calzada, flexibles, durables e que soporten eventuais impactos dos vehículos. O efecto para os condutores será de certa separación física de sentidos de circulación, con bos efectos sobre a seguridade viaria, como xa se ten constatado cando se implantaron noutras estradas como a CG-1.5, entre Brión e Noia. A intervención completarase coa disposición de resaltos sonoros nas liñas brancas do eixo.

Con esta intervención a Xunta de Galicia segue avanzando na mellora da seguridade viaria desta estrada cunha obra complementaria ao desdobramento da VAP: a contratación da 1ª fase de desdobramento xa se iniciou para o treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro.

Obras vía alta capacidade / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...