IniciosociedadeO 11 de maio incorpórase ao traballo o persoal do concello de...

O 11 de maio incorpórase ao traballo o persoal do concello de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar un decreto que establece a reincorporación, o vindeiro luns día 11 de maio, ó traballo presencial de todos os empregados públicos do Concello de Monforte de Lemos que non estiveran realizando teletraballo, en previsión de que o luns se alcance a Fase I de desescalada ante a crise do COVID-19 anunciada polo Goberno da Nación.

Publicado o

- Advertisement -

Tanto os empregados públicos que viñeran realizando teletraballo como aqueles cuxa función foi cualificada como actividade esencial de xeito rotatorio polo Decreto de Alcaldía do 16 de marzo de 2020, reicorporaranse ó seu traballo de forma ordinaria a partir do 25 de maio.

En todos os casos, na reincorporación do persoal municipal ós seus postos de traballo tense en conta a existencia dos colectivos clasificados como grupos vulnerables para COVID-19 polo Ministerio de Sanidade, no seu documento “Información científico-técnica, enfermedad por coronavirus, COVID-19”, no que se recolle que estarán exceptuados de reincorporarse nunha primeira etapa aquelas persoas diagnosticadas con diabetes, enfermidade cardiovascular, (incluída a hipertensión), enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, así como mulleres embarazadas e maiores de 60 anos.

Toda vez que o Goberno de España anunciou o inicio das fases de desescalada, “dende o Equipo de Goberno do Concello estimamos convinte”, segundo traslada o Alcalde,  “ir recuperando a normalidade no ámbito administrativo, e, en consecuencia, os empregados públicos municipais iranse paulatinamente reincorporando ó traballo presencial, iso si, coa adopción das garantías precisas para que nin a súa saúde, nin a saúde dos cidadáns véxanse postas en perigo por dita reincorporación”.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...