HomesociedadeA Domusvi de Bóveda recupera 2 traballadores

A Domusvi de Bóveda recupera 2 traballadores

As residencias de maiores de Galicia suman xa un total de 678 recuperados do coronavirus. Así, os casos activos baixaron a 289. Aínda que o número de persoas maiores usuarias destes centros que se recuperaron son xa 678, a crise da COVID-19 tamén deixa 266 falecidos relacionados con estes centros desde o inicio da pandemia.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres, 8 de maio, a provincia de Lugo conta con 167 casos activos de coronavirus, 3 menos ca onte, dos que 6 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. No Hospital da Mariña mantéñense 2 pacientes na UCI, que xa son negativos na Covid19.

Dúas persoas seguen en hospitalización na provincia, igual ca onte; 1 na Mariña e outra no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

159 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 3 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 702 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nos centros de atención a persoas con discapacidade deixan dúas novas curacións en traballadores da DomusVi Bóveda, que aínda así segue con 12 usuarios infectados e 5 traballadores. Nas residencias de anciáns os casos activos seguen estables e na residencia de Castro Caldelas recuperouse un novo traballador; quedan 3 traballadores infectados neste centro.

As residencias de maiores de Galicia rexistraron este xoves 54 novas altas entre os seus usuarios, un número maior que os 28 do mércores, e suman xa un total de 678 recuperados do coronavirus. Así, os casos activos baixaron a 289. Aínda que o número de persoas maiores usuarias destes centros que se recuperaron son xa 678, a crise da COVID-19 tamén deixa 266 falecidos relacionados con estes centros desde o inicio da pandemia —132 morreron nas propias instalacións e outros 134 en residencias integradas ou hospitais—, o que supón que o 45,4% das vítimas con coronavirus en Galicia procedían de xeriátricos.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....