HomesociedadeA provincia rexistra 166 casos activos mentres o hospital de Monforte segue...

A provincia rexistra 166 casos activos mentres o hospital de Monforte segue libre de coronavirus

Catro persoas permanecen na Uci e outras dúas están ingresadas en planta. Sanidade contabiliza 710 persoas curadas a data de 9 de maio.

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este sábado 9 de maio un total de 166 casos activos por coronavirus, un menos ca os contabilizados onte. Redúcese, así mesmo, a listaxe de persoas positivas atendidas nos hospitais, segundo a Consellería de Sanidade. No Hospital Comarcal de Monforte, segue sen haber ningún paciente co virus.

En concreto, permanecen catro persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (-2). Todas elas están na do HULA, mentres que na do Hospital da Mariña seguen ingresadas dous pacientes que contraeran o virus pero que agora mesmo xa son negativos nas probas de COVID-19.

Por outra parte, dúas persoas continúan hospitalizadas en planta: unha no Hospital Universitario Lucus Augusti e outra —o patrón do Notre Dame— no Hospital da Mariña.  O groso da listaxe séguena ocupando os positivos que están a ser atendidos nos seus domicilios: son 160, un máis ca no día de onte.

Ademais, Sanidade informa de 710 persoas curadas —con negativo no test PCR ou sen síntomas pasado un tempo—. Ata o momento, producíronse 27 falecementos na provincia.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...