HomesociedadeMonforte abre o cemiterio municipal e os empregados públicos incorpóranse presencialmente ao...

Monforte abre o cemiterio municipal e os empregados públicos incorpóranse presencialmente ao seu posto

José Tomé Roca ven de asinar un decreto a través do cal permítese a apertura ó público das instalacións do Cemiterio Municipal, dende o luns día 11 de maio do 2020. Tamén este luns reincorpóranse ao traballo presencial os empregados públicos do Concello de Monforte que estiveran realizando traballo non presencial. Será precisa cita previa para atención ó público, chamando ós teléfonos das centraliñas das oficinas municipais.

Publicado o

- Advertisement -

O 3 de maio, a Orde SND/386/2020 flexibilizou determinadas restricións sociais e determinou as condicións de desenvolvemento da actividade de comercio polo miúdo e de prestación de servizos, así como das actividades de hostalaría e restauración nos territorios menos afectados pola crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No seu artigo 5, referido a velorios e enterros dispúxose que a participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida, restrínxese a un máximo de quince persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

Segundo sinalou o Alcalde “deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e o uso de mascarilla sanitaria”.

Atención á cidadanía

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, decretou o pasado 7 de maio, a reincorporación ó traballo presencial de todos os empregados públicos do Concello de Monforte que estiveran realizando traballo non presencial, de acordo coas Fases de Desescalada determinadas polo Goberno da Nación, no momento de que se alcanzase a Fase 1, algo que sucederá dende este luns día 11 de maio de 2020.

  • Casa do Concello: 982402501
  • Promoción Económica: 982884775
  • Orientación Laboral: 982884689
  • Servizos Sociais: 982416541
  • Centro de Información á Muller (CIM): 982416350
  • OMIX/OMIC-Oficina: 982875126
  • Edificio Multiusos: 982403893
  • Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD): 982400495
  • Deportes: 982875430

Priorizarase a atención á cidadanía por medios telemáticos, correo electrónico ou telefonicamente. Nos casos no que a atención á cidadanía se faga de xeito presencial, deberanse seguir os procedementos establecidos no Decreto de Alcaldía de do 7 de maio de 2020 de aprobación da reincorporación ós postos de traballo dos empregados municipais, seguindo as medidas indicadas polas autoridades sanitarias, a fin de garantir a seguridade e a saúde tanto do persoal municipal como dos cidadáns que acudan presencialmente ó Concello a facer as súas xestións habituais.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...