HomesociedadeMonforte estrea a rúa Cardenal coa fase 1 de desescalada

Monforte estrea a rúa Cardenal coa fase 1 de desescalada

“Co remate oficial das obras de pavimentación, os locais de hostalería ubicados nesta rúa poderán instalar e poñer en funcionamento as súas terrazas e, do mesmo xeito, as tendas que teñan permitida a súa apertura nesta fase, poderán facelo contando cos accesos ás súas instalacións rematados”, destacou o rexedor municipal. 

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na tarde deste luns, 11 de maio, a acta de recepción de fin de obra de pavimentación da rúa do Cardenal, acto que se desenvolveu na propia rúa Cardenal e no que estivo acompañado polo director de obra, Ramón Fernández, así como polo representante da empresa á que foi adxudicada, Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U., José Manuel Fernández, a 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Facenda, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé.

Esta obra de mellora, que supón para Monforte, en verbas do Alcalde “a recuperación da que é a rúa escaparate da nosa cidade, a rúa máis emblemática pola que veciños e visitantes, nalgún momento pasan”, foi rematada xusto a tempo para coincidir co inicio da 1ª Fase de Desescalada decretada polo Goberno de España ante a crise do coronavirus. Este aspecto é moi importante, xa que dende onte, “co remate oficial das obras de pavimentación, os locais de hostalería ubicados nesta rúa poderán instalar e poñer en funcionamento as súas terrazas e, do mesmo xeito, as tendas que teñan permitida a súa apertura nesta fase, poderán facelo contando cos accesos ás súas instalacións rematados”, destacou o rexedor municipal.

Esta obra, cuxo proxecto foi redactado en setembro de 2019 polo arquitecto Ramón Fernández da empresa Abante, foi adxudicada no mes de xaneiro de 2020 á empresa OVISA, que presentou unha oferta por un prezo total de 280.720 euros (IVE engadido) e o financiamento deste proxecto de mellora fíxose a partir de remanentes provintes de fondos municipais.

Aínda que o prazo de execución era inicialmente de 56 días, este prazo foi ampliado por causa da declaración do Estado de Alarma derivado da crise do COVID-19, rematando deste xeito a obra de pavimentación do Cardenal a pasada semana.

Este proxecto enmárcase dentro do plan do Equipo de Goberno do Concello de mellorar as infraestruturas e servizos da cidade, algo que se levou a cabo en máis de 80 rúas da cidade durante o anterior mandato e que continua nos meses que levan transcorridos da nova etapa de goberno.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...