HomesociedadeSOGAMA mellorará a planta de transferencia de Monforte

SOGAMA mellorará a planta de transferencia de Monforte

Sogama acometerá obras de mellora na planta de transferencia ubicada no municipio de Monforte de Lemos. O importe desta licitación ascende a 81.770 euros e contempla, entre outras actuacións, a construción dun novo edificio de oficinas e vestiarios.

Publicado o

- Advertisement -

Sogama acometerá obras de mellora na planta de transferencia ubicada no municipio de Monforte de Lemos. O importe desta licitación ascende a 81.770 euros (IVE incluído) e contempla, entre outras actuacións, a construción dun novo edificio de oficinas e vestiarios, así como a modificación do circuíto de descarga de efluentes da depuradora ao colector de saneamento do polígono industrial de Reboredo.

Entre a saída dos efluentes da depuradora e o colector municipal intercalarase un pozo de bombeo que fará de cámara de unión entre ambos puntos, eliminándose a posibilidade de que os efluentes contidos no colector municipal ingresen na depuradora da planta de transferencia. A oficina e aseo actuais serán reacondicionados para o seu uso como almacén.

SOGAMA MONFORTE / SOGAMA

As plantas de transferencia dan servizo aos concellos máis próximos e nas mesmas pasan os residuos desde os camións de recollida municipal a contedores de gran capacidade (20 toneladas), aptos para ser transportados ata o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) nas mellores condicións.

Prazos

No caso da entrega da memoria técnica a presentar no concello para obter o permiso de obra, o prazo máximo é de 5 días hábiles a contar desde a data de inicio do contrato e, o mínimo de 2 días. Para a execución da obra, o prazo máximo é de 12 semanas, contadas a partir da data da firma da acta de inicio e, o mínimo de 6 semanas.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...