HomesociedadeSober busca logotipo para promocionar o municipio

Sober busca logotipo para promocionar o municipio

O Concello de Sober convoca un concurso para o deseño dun logotipo que servirá para identificar e promocionar ao municipio.

Publicado o

- Advertisement -

O logotipo debe recoller a esencia do municipio tendo en conta os seus sinais de identidade: os seus recursos naturais e turísticos, as peculiaridades dos seus sectores produtivos e os seus valores culturais. O logo debe representar un ou varios valores significativas do Concello de Sober (viño, música, olería de Gundivós, Canón do Sil, románico, rosca….).

Tamén se valorará a creatividade e a claridade da obra que facilite o seu rápido recoñecemento e contribúa a establecer unha rápida identificación co municipio. Polo tanto, o deseño debe incluír a palabra SOBER.

A obra debe ser orixinal e inédita e así o debe expresar o autor ou autora certificando que o deseño é propio e que non se infrinxiron os dereitos de autor de terceiras persoas. Ningún deseño poderá conter firmas nin levar sinais de identidade que identifiquen ou permitan coñecer a identidade do autor ou autora. O logo será usado polo Concello como complementario ou substituto do escudo municipal.

O deseño terá unha disposición horizontal ou vertical e, se é en cor, deberá ir acompañado dunha versión monocroma (branco e negro ou escala de grises) que posibilite a súa reprodución nunha tinta.

Inscricións

A inscrición é gratuíta e aberta a todas aquelas persoas que desexen participar, independentemente da súa idade, nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá achegar o número de deseños que considere. O prazo de recepción das propostas a concurso remata o luns 30 de xuño e deberán ser remitidas a través do enderezo electrónico prensa@concellodesober.com acompañadas dos datos persoais: nome e apelidos, domicilio, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico e fotocopia do DNI.

O fallo darase a coñecer ao longo do mes de xullo de 2020 e será previamente comunicado á persoa gañadora. O Concello de Sober establecerá un premio económico de 500 euros dirixido á persoa responsable do deseño do logotipo que o xurado determine como gañador.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...