HomesociedadeSituación insostible na atención médica do Courel

Situación insostible na atención médica do Courel

C@urel Vivo asegura que reciben decenas de queixas pola mala atención que o facultativo de medicina ofrece ós pacientes no centro de saúde de Seoane. As queixas van desde falla de interese, neglixencias á hora de prescribir fármacos, tramitar volantes ou a negarse a ir a visitar pacientes á domicilio...etc

Publicado o

- Advertisement -

Aseguran desde e a formación política que xerencia de Lugo é consciente da situación,  xa que varios veciños/as fixeron reclamación á Atención ó Paciente.

Desde C@urel Vivo din que non poden permitir unha mala atención sanitaria á veciñanza, “Xa que moitos usuarios están a cambiar a tarxeta para concellos limítrofes ou deciden non ir ó medico, co risco que iso con leva. Polo tanto, pedímoslle ó Sergas e  á  Xunta de Galicia, que deixen de mermar a atención sanitaria no noso Concello.”

C@urel Vivo solicita que esta praza de inclúa nas oposicións para cubrila de forma estable e con persoal apto, “Non nos vale, que nos envíen facultativos que non estean á altura no seu posto de traballo ou que cubran os dous Centros de Saúde que temos no Courel, co mesmo médico (como fan case en tódalas vacacións).” Insisten desde a formación política que este Centro de Saúde é vital para a metade da súa poboación.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...