HomesociedadeCampaña de vacinación canina en Sober

Campaña de vacinación canina en Sober

O Concello de Sober inicia esta semana a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal. A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.

Publicado o

- Advertisement -

A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido, Xosé Tomé – 689 10 35 94-,  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de maio. A vacinación farase pola mañá.

O calendario da campaña será:

  • Xoves 21 de maio: CANAVAL, VILAESCURA, ROSENDE, MILLÁN
  • Luns 25 de maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
  • Martes 26 de maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
  • Mércores 27 de maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES
  • Venres 29 de maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS
  • Luns 1 de xuño: GUNDIVÓS
  • Martes 2 de xuño: AMANDI, DOADE
  • Xoves 4 de xuño: NEIRAS
  • Venres 5 de xuño: BULSO, SANTA CRUZ

Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do percorrido xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.

Os prezos son:

  • Vacina Rabia 15 euros.
  • Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado (‘cartilla’): 33 euros.
  • Outras Vacinas ou Trámites: preguntar ao veterinario.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...