Homesociedade"O corredor Sarria-Monforte é un goteo diario de desgrazas", Claudio Garrido

“O corredor Sarria-Monforte é un goteo diario de desgrazas”, Claudio Garrido

O concello de Sarria anuncia que tentará crear unha fronte común para convertir o corredor Lugo-Monforte en autovía.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, lamenta que o corredor que comunica Lugo con Monforte de Lemos converteuse “nun goteo diario de desgrazas”, despois de ter o segundo accidente con consecuencias graves en pouco máis dunha semana, polo que anuncia que tentará crear unha fronte común para a súa conversión en autovía.

Un veciño do Corgo resultou a última hora da tarde de onte ferido de gravidade ao chocar a camioneta que conducía cun camión e hai pouco máis dunha semana perdía a vida noutro accidente un residente en Samos. “É bochornoso que, coa sinistralidade que presenta o corredor, non se asuma a realidade”, dixo Garrido, quen opina que facer “o desdobramento en autovía por fases, co que se demora a tramitación para cada tramo, é unha tomadora de pelo para os cidadáns”.

Garrido fixo un “chamamento aos alcaldes” afectados para convocar unha reunión e crear unha fronte común no que se refire á esixencia de desdobrar o corredor en autovía, algo que algúns rexedores locais veñen reclamando “desde o ano 94 ou 95”. “Ten que ser unha esixencia”, dixo o rexedor local de Sarria, porque ante a elevada sinistralidade hai que adoptar “medidas drásticas”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...