HomesociedadeTúnel de desinfección con auga ozonizada no consistorio do Saviñao

Túnel de desinfección con auga ozonizada no consistorio do Saviñao

O Concello de O Saviñao instala un túnel de desinfección con auga ozonizada que xa está a funcionar na entrada da Casa Consistorial.

Publicado o

- Advertisement -

Con esta medida, o goberno local quere garantir a seguridade e a protección dos propios traballadores municipais, así como dos veciños que acoden ao edificio para realizar algún trámite administrativo ou consulta. En cada planta da casa consistorial, cóntase ademais, coas correspondentes mamparas e diversos dispensadores de hidroxel e máquinas con filtro purificador.

“Estamos a facer un esforzo importante na protección da nosa xente. Cremos que non pode ser doutro xeito, debido á situación que hai. Afortunamente, os datos cada vez son máis positivos, pero pensamos que non debemos baixar a garda agora que estamos mellor que hai dous meses”. Por iso, indica o mandatario municipal, Carlos Armesto “decidimos instalar este túnel que supón un elemento de protección e de seguridade máis”.

O Concello do Saviñao ten mercado oito equipos de desinfección que xa repartiu nos edificios públicos e outro equipo de desinfección por ozono para acometer labores de desinfección dos vehículos do parque municipal e tamén daqueles que se dedican ao transporte público, servizo instalado no mercado gandeiro para o que se debe solicitar quenda contactando co Concello.

Dende a entidade local tamén prestan este servizo de desinfección por ozono aos negocios e establecementos abertos ao público. Nese caso, o servizo de desinfección préstase os sábados e domingos ou durante a semana no horario no que permanecen pechados os servizos municipais.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...