HomesociedadeO Hospital de Monforte cara mes e medio sen Covid19

O Hospital de Monforte cara mes e medio sen Covid19

Nas residencias de anciáns da zona sur e nos centros de atención a persoas con discapacidade, seguen como casos activos 5 persoas da Domusvi de Bóveda, 4 usuarios e 1 traballador.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves 28 de maio, a provincia de Lugo conta con 51 casos activos de coronavirus, 3 menos ca onte, dos que 2 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. O HULA conta tamén con dous hospitalizados por coronavirus, os únicos da provincia ao non contar con ningún paciente nos hospitais da Mariña e Monforte. O Hospital Comarcal de Monforte vai para o mes e medio sen hospitalizados por coronavirus.

47 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 3 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 869 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Nas residencias de anciáns da zona sur e nos centros de atención a persoas con discapacidade, seguen como casos activos 5 persoas da Domusvi de Bóveda, 4 usuarios e 1 traballador.

Os casos activos de COVID-19 en Galicia baixaron a 799, 24 casos menos que os notificados hai un día, con descensos de persoas contaxiadas en todas as áreas sanitarias, excepto en Vigo, onde os casos volveron a repuntar, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade. Así, do total de casos activos, 268 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 14 casos máis que os notificados hai un día.

Do resto de casos de COVID-19 en Galicia, 187 correspóndense coa área da Coruña (18 menos), 142 coa área de Santiago (un menos), 94 coa área de Ourense (13 menos), 51 son da área de Lugo (3 menos), 36 da área de Pontevedra (dúas menos) e 21 da área de Ferrol (un menos).

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...