Homesociedade40 casos activos na provincia e a Domusvi de Bóveda recupera a...

40 casos activos na provincia e a Domusvi de Bóveda recupera a 2 usuarios

Nas residencias de anciáns da zona sur e nos centros de atención a persoas con discapacidade, desde a Domuvi de Bóveda comunicación a curación de dous usuarios. Este centro aínda mantén 2 usuarios infectados e 1 traballador.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, 1 de xuño, a provincia de Lugo conta con 40 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 1 está na UCI, igual ca onte; e outro en hospitalización. Os dous casos no HULA.

38 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 1 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 881 altas e mantéñense os falecementos en 27. 

Nas residencias de anciáns da zona sur e nos centros de atención a persoas con discapacidade, desde a Domuvi de Bóveda comunicación a curación de dous usuarios. Este centro aínda mantén 2 usuarios infectados e 1 traballador; mentres que no resto da provincia, centros de discapacidade e residencias de anciáns manténse estables sen casos activos.

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en dez con respecto ao domingo e sitúanse en 722, o que supón unha caída dun 1,3 por cento, mentres que os pacientes curados aumentaron ata os 9.970.

Dos 722 casos activos na Comunidade galega, 262 corresponden á área de Vigo –catro menos–; 162 ao da Coruña –cinco menos–, 135 á de Santiago –os mesmos que o domingo–, 75 á de Ourense –sen cambios–, 40 á de Lugo –un menos–; 28 á de Pontevedra –como hai 24 horas– e 20 á de Ferrol –igual que a xornada pasada–.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...