Homesociedade1 falecido e 1 novo positivo deixan a provincia con 39 infectados...

1 falecido e 1 novo positivo deixan a provincia con 39 infectados por coronavirus

Un paciente de COVID-19 segue ingresado no HULA e xa non queda ningún paciente de coronavirus na UCI, ao falecer á última hora da tarde de onte a muller de 76 anos que estaba en coidados intensivos. 

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores, 3 de xuño, un total de 39 casos activos, os mesmos ca na xornada de onte. Porén, a estabilidade na cifra agocha unha baixa por falecemento e un novo caso activo.

En canto á situación nos hospitais, tan só un paciente de COVID-19 segue ingresado no HULA e xa non queda ningún paciente de coronavirus na UCI, ao falecer á última hora da tarde de onte a muller de 76 anos que estaba en coidados intensivos. Con ela, xa son 28 as vítimas mortais da pandemia en Lugo.

Pola súa parte, son 38 as persoas con positivo en coronavirus que permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio, unha máis ca onte. O Sergas contabiliza 883 curacións na área sanitaria. En base aos criterios oficiais, considérase que un paciente superou o coronavirus cando dá negativo nun novo test PCR ou cando non presenta síntomas pasado un tempo prudencial.

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia baixou a 678 (29 menos que na xornada do martes) e as altas epidemiolóxicas (persoas curadas) superan as 10.000, segundo os datos trasladados este mércores pola Consellería de Sanidade.

Así, Sanidade informou de que, do total de casos activos, 257 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 147 coa área da Coruña, 130 son da área de Santiago, 60 correspóndense coa área de Ourense, 39 coa de Lugo, 25 coa de Pontevedra e 20 son da área sanitaria de Ferrol.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...