HomesociedadeAumenta o paro en Lemos e Chantada, baixa en Quiroga e Sarria

Aumenta o paro en Lemos e Chantada, baixa en Quiroga e Sarria

Moderado optimismo en relación ás cifras do paro do pasado mes de maio. A comarca de Sarria lidera a reducción do desemprego con 12 parados/as menos.

Publicado o

- Advertisement -

No contexto actual calquera abrollo verde nas cifras do paro, e contando que aínda hai moita xente en ERTEs -tanta como desempregada-, xa é unha boa noticia.

A secretaría de acción sindical de CC.OO. de Lugo fixo chegar as cifras, con datos concretos do paro do pasado mes e maio na zona sur desta provincia. Por comarcas, onde máis aumentou foi en Lemos (+14) e onde máis descendeu en Quiroga (-14). A comarca de Lemos queda con 1.757 parados/as, Sarria con 1.280, Chantada con 705 e Quiroga con 282.

Por concellos, os números son os seguintes:

Comarca de Lemos; Bóveda 58 (+1), Monforte de Lemos 1.206 (+7), Pantón 116 (+3), A Pobra do Brollón 78 (+2), O Saviñao 187 (+4) e Sober 112 (-3).

Comarca de Chantada; Taboada 112 (-2), Carballedo 70 (+2) e Chantada 523 (+1).

Comarca de Sarria; O Incio 59 (+1), Láncara 122 (-5), Paradela 48 (-3), O Páramo 40 (-1), Samos 39 (-2), Sarria 934 (-2) e Triacastela 38 (=).

Comarca de Quiroga; Folgoso do Courel queda con 51 desempregados/as -igual que no mes anterior-, Ribas de Sil 52 (-7) e Quiroga 179 (-7).

Dende o sindicato CC.OO. ven como preocupación que o 65% do sector servizos, tan importante na zona, segue sen saír dos ERTEs, feito que ocasiona unha gran incerteza ás respectivas familias por mor da “dependencia absoluta do turismo nesta zona”, sinalan. Neste contexto, “espérase como auga de maio”, engaden, a chegada do ‘ingreso mínimo vital’.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...