HomesociedadeO Hospital de Monforte quédase sen neuróloga

O Hospital de Monforte quédase sen neuróloga

A CIG-SAÚDE denuncia a marcha do Hospital Público de Monforte da especialista en neuroloxía. A carga asistencial desta especialidade na área de Monforte é moi elevada e xa hai anos que se reclamaba un segundo especialista para cubrir as necesidades en neuroloxía.

Publicado o

- Advertisement -

Desde a CIG sinalan que esta profesional remata case todos os días a súa consulta ás 5 da tarde, cando o seu horario de saída son as 3 da tarde. O sindicato lembra que Monforte é a área máis envellecida de Galicia, o que supón máis ictus, demencias,…

Por áreas e cantos pacientes atende un neurólogo por área.

  •  En  Monforte hai 1 neuróloga para  50.000 pacientes (1/50.000)
  •  En Burela teñen 2 neurólogos para 66.000 pacientes (1/33.000)
  •  En Lugo teñen 10 neurólogos para 210.000 pacientes (1/ 21.000)

En Monforte a carga de traballo aumenta ao ser, segundo a CIG, o único hospital que ademais da consulta diaria, ten que atender ingresos na planta. “Nos outros comarcais onde so hai un neurólogo non se atenden os ingresos. E ainda por riba hai que atender interconsultas e urxencias” sinalan.

En Lugo nestes dous últimos anos contratáronse 3 neurólogos, o último hai escasos días, o que para a CIG é “unha clara aposta por reforzar os hospitais de referencia e deixar baleiros os comarcais. Como vimos denunciando hai tempo, aquí seguimos cun cardiólogo menos, cun dixestivo menos, e agora quedámosnos sin a neuróloga.”

Lembran que agora mesmo no hospital hai un internista pasando consulta de cardioloxía e outro pasando neuroloxía, o que demostra, que estes especialistas son necesarios. Por todo esixen ao SERGAS que contrate especialistas e deixe de cubrir todas as especialidades con internistas. No caso da neuróloga afirman que o contrato que tiña era renovable cada seis meses, “cando podían sacar dende abril do ano pasado unha reserva de plaza. Esto demostra que non teñen ningún interese en estabilizar estas prazas nin a plantilla do hospital. Esta dirección é un desastre, deixan marchar a unha das mellores profesionais que temos e logo dirannos que non atopan neurólogos. Deixan marchar aos profesionáis porque non lles interesa ter especialidades nos comarcais.”

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...