HomesociedadeO BNG de Monforte pide o reparto xa das máscaras infantís

O BNG de Monforte pide o reparto xa das máscaras infantís

Os nacionalistas entenden que o concello debe axudar a que a xente se afaga á “nova normalidade ao considerar que é labor das administración axudar a esa adaptación, sobre todo no caso de menores."

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Monforte de Lemos considera necesario que agora, nas portas do verán o Concello faga un reparto de máscaras entre a poboación infantil “porque é unha obriga innegociable a protección da infancia”, manifesta Emilio J. Sánchez, voceiro da formación na Corporación monfortina.

En ningún momento se nega dende o BNG que se teñan que facer repartos posteriores, como no inicio do curso escolar, pero agora é necesario e urxente, xa que segundo din “no verán haberá máis visitantes co que aumentan potencialmente as posibilidades de contaxios, temos que estar preparados e cumprir coas normas e a infancia é a nosa responsabilidade.”

As crianzas precisan protección agora, co que o reparto debería ser urxente , expuxo Sánchez.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...