HomesociedadeMonforte medirá a temperatura nas dependencias municipais

Monforte medirá a temperatura nas dependencias municipais

O control de temperatura levarase a cabo na Casa Consistorial, nas oficinas municipais das Casitas, no Edificio Multiusos, no Centro Cívico do Malecón, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, na Biblioteca Municipal e na Unidade Asistencial de Drogodependencias.

Publicado o

- Advertisement -

A partir deste luns, 15 de xuño, os principais edificios municipais disporán de cámaras termográficas para o control da temperatura corporal de todas as persoas que teñan que acceder ás diferentes dependencias e departamentos municipais. Para elo, o Concello adquiriu 7 cámaras térmicas con forma de pistola.

O Alcalde resalta que “o noso obxectivo é implementar as medidas necesarias para asegurar unha reanudación das actividades nun contexto de máxima seguridade, dentro desta nova normalidade, para evitar así novos contaxios de COVID-19”.

O Equipo de Goberno do Concello optou pola adquisición de 7 cámaras termográficas con forma de pistola que poden detectar casos de febre en poucos segundos. Para o correcto manexo das cámaras, dende o Concello organizouse unha xornada formativa para o  persoal municipal que estará o cargo do seu manexo, na que tamén estivo presente a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada.

Esta ferramenta de medición ofrece a posibilidade de detección da temperatura ata 1,2 metros de distancia. Unha vez encadrado o rostro da persoa na pantalla da cámara, púlsase o botón disparador do aparato e a imaxe da persoa queda conxelada, mostrándose a súa temperatura corporal. A cámara ofrece a posibilidade de gardar dita imaxe se fose necesario.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...