HomesociedadeCelebración do bicentenario do Concello de Sarria

Celebración do bicentenario do Concello de Sarria

Será este domingo 14 de xuño pola mañá presumindo de alfombra floral cun deseño personalizado que homenaxea ao concello. Unha charla histórica e a actuación do grupo de música e de baile local da Asociación Cultural Peleriños completarán o acto.

Publicado o

- Advertisement -

Sarria celebra dúas importantes efemérides, o bicentenario da constitución do Concello sarriao (1820-2020), e o centenario da adquisición da actual Casa Consistorial.

No acto, arredor da alfombra floral personalizada, o profesor e escritor local, Xaime Félix López Arias, falará deste período da historia mentres que a Asociación Cultural Peleriños ofrecerá o seu repertorio de música e baile tradicional como ten por costume facelo no día de Corpus.

A tradición actual estará representada por unha alfombra deseñada por Hernando Caldeiro, que capitanea aos alfombristas cun deseño que homenaxe ao Concello de Sarria.

Dende o concello comentan que “o ano que vén esperamos que os nosos artistas da Arte Efémera poidan asombrarnos e emocionarnos co seu traballo e sexamos moitos e moitas os/as que colaboremos con eles para manter esta fermosa tradición”.

O escudo do concello. Foto: Reyes

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...